domingo, 8 de abril de 2018

Encontro con Natalia Carou

O mércores, día 4 de abril, a escritora Natalia Carou visitou o noso centro para ter un encontro co alumnado de 1º de ESO. Ao longo do mesmo contoulles a súa experiencia no mundo da escritura e como se lle ocorreu este libro sobre o Castelo de Soutomaior.

Foi unha experiencia moi grata tanto para o alumnado como para a mestra xa que sempre aprendemos cousas novas, e desta vez da man dunha grande escritora.

Un baúl cheo de piratas

Neste terceiro trimestre os nosos alumnos de 2º de Primaria vanse converter en piratas grazas ao libro de lectura "Un baúl cheo de piratas" escrito por Ana Rossetti.

Ao longo destes meses abrirán a porta do baúl, vivirán como piratas e surcarán os mares do Sur!

 

V Concurso do Estatuto de Autonomía de Galicia

Os alumnos de 2º e 4º de Primaria participaron no V Concurso do Estatuto de Autonomía de Galicia, levado a cabo pola Deputación de Ourense. O lema para este ano era: "Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento".

Dos cen nenos participantes resultou gañadora unha alumna de 4ºB de Primaria que foi agasallada cun diploma e un lote de libros. 

 

A continuación tedes as imaxes da entrega de premios.









viernes, 6 de abril de 2018

Bruxa e familia

Neste terceiro trimestre os alumnos de 4º de Primaria teñen como lectura o libro de "Bruxa e familia" de Paula Carballeira.

Que ocorrerá nesta historia? Quen será Bruxa? Onde vive? Sobre que temas tratará? Estas son algunhas das preguntas que se fan estes cativos logo de ler a primeira páxina do libro. Ao longo da lectura poderán responder estas preguntas.

 

 

 

A cova da moura

O vindeiro día 4 de Abril o alumnado de 1º de ESO terá un encontro con Natalia Carou Figueira autora da obra "A cova da moura".

Emociónate!

Os alumnos de 4º de Primaria estiveron traballando na elaboración duns caligramas sobre as emocións. Para iso, primeiro leron no libro "Emocionario" que era a alegría e a tristeza e que situacións provocaban esas emocións. A continuación con moitas ganas e ledicia aventuráronse na creación do seu propio caligrama. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

Parabéns polos vosos traballos!

Encontro con Xavier Estévez

O alumnado de 5º de Primaria acudiu ao encontro con Xavier Estévez para falar da súa obra "Avións de papel".
Foi unha  experiencia moi agradable xa que grazas a Concellería de Educación de Ourense puideron ler esta fermosa obra para logo comentar co autor todas as dúbidas que tiñan sobre a mesma ademáis de interesarse polo motivo que o levou a escribila.